Rosalía de Castro non era unha choromicas

Castelao, Curros, Pedrayo, Celso Emilio… Todos coñecemos ós clásicos da nosa lingua e literatura. Estos por citar solo algúns dos nomes máis coñecidos. A pesar do seu éxito, as súas obras non sempre gustan a todo o público, xa sea pola súa narrativa, as súas técnicas literarias ou polas cuestións ideolóxicas da época. Algo que penso que non ocurre con Rosalía de Castro.

Rosalía é un icono da sociedade galega. Levou as nosas letras a vanguardia, e fixo de tóda-las nosas tradicións música. Xa fora pola sensibilidade dos seus poemas ou polo sexismo latente da época, a imaxe da poetisa sempre é de choromicas. De muller sumisa, arrastrada, inculta. De letras cheas de desesperación e saudade.

rosalia-dia

Nembargantes, Rosalía foi unha loitadora e o seu discurso abríu a mente dunha maioría social da época. Eliminou  as connotacións negativas que levaba a palabra galego. Potenciou a nosa cultura. Repensemos as súas verbas.

Non é de xente débil, triunfar nunha época, na que o rol social da muller debía ser estar na casa. Unha época na que, se Rosalía pensaba, se dicía que seu marido pensaba por ela. E todo misturado con aquel tinte de vergoña social que padecía por ser filla non recoñecida.

Así contestaba Rosalía cando se lle acusaba de que o verdadero autor dos textos era o seu home; Manuel Murguía, nun fragmento de Literatas:

Yo, a quien sin duda un mal genio ha querido llevar por el perverso camino de las musas, sé harto bien la senda que en tal peregrinación recorremos. Por lo que a mí respecta, se dice muy corrientemente que mi marido trabaja sin cesar para hacerme inmortal. Versos, prosa, bueno o malo, todo es suyo; pero, sobre todo, lo que les parece menos malo y no hay principiante de poeta ni hombre sesudo que no lo afirme. ¡De tal modo le cargan pecados que no ha cometido! Enfadosa preocupación, penosa tarea, por cierto, la de mi marido que costándole aún trabajo escribir para sí (porque la mayor parte de los poetas son perezosos), tiene que hacer además los libros de su mujer, sin duda con el objeto de que digan que tiene una esposa poetisa (esta palabra ya llegó a hacerme daño) o novelista, es decir, lo peor que puede ser hoy una mujer.

Quizás aínda contaminados da cultura machista, non podamos recoñecer que a revolución cultural deste país comezou na cabeza dunha muller. A ela debemos ese mantra que coma se fose un  padre-nuestro se tratase, nos acompaña cada vez que a saudade collemos por bandeira, xusto o cruzar as nosas fronteiras.

Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero…
¡Quen pudera non deixar!…

Así que non solo podo afirmar que precisamos máis Rosalías. Senón que nos fai falla repensar a nosa historia. Analizar por qué é Rosalía a quen os galegos e galegas eleximos como o cumio cultural das nosas verbas. Re-pensar e re-escribir a historia coma solo ela se merece, e entonces quizáis os galegos as galegas, voltemos a ter máis choromicas que nos inspiren grandeza no noso sentimento coma pobo. E podamos entonar de novo aquelo de :

Castellanos de Castilla,
tratade ben ós galegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.

Cando foi, iba sorrindo,
cando ven, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito

Aquel máis que neve branco,
aquel de dozuras cheo,
aquel por quen eu vivía
e sen quen vivir non quero.
Foi a Castilla por pan
e saramagos lle deron;
déronlle fel por bebida.
peniñas por alimento.

Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo…
¡Casteláns, casteláns,
tendes corazón de fero!

¡Ai!, no meu corazonciño
xa non pode haber contento,
que está de dolor ferido,
que está de loito cuberto.

Morreu aquel que eu quería
e para min non hai consolo:
so hai para min, Castilla,
a mala lei que che teño.

Permita Deus, casteláns,
casteláns que aborrezo,
que antes os galegos morran
que ir a pedirvos sustento.

Pois tan mal corazón tendes,
secos fillos do deserto,
que se amargo pan vos gañan,
dádesllo envolto en venero.

Aló van, malpocadiños,
todos de esperanzas cheos,
e volven, ¡ai!, sen ventura
cun caudal de desprezos.

Van probes e tornan probes,
van sans e tornan enfermos,
que anque eles son como rosas,
tratádelos como negros.

¡Casteláns de Castela,
tendes corazón de aceiro,
alma coma as penas dura,
e sen entrañas o peito!

En tros de palla sentados,
sen fundamentos, soberbios,
pensas que os nosos filliños
para servirvos naceron.

E nunca tan torpe idea,
tan criminal pensamento
coubo en máis fatuas cabezas
ni en máis fatuos sentimentos.

Que Castela e Casteláns,
todos nun montón, a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.

Só pezoñosas charcas
detidas no ardente solo
tes, Castela, que humedezan
eses teus labios sedentos.

Que o mar deixoute esquecida
e lonxe de ti correron
as brandas augas que traen
de plantas sen sementeiros.

Nin árbores que dean sombra,
nin sombra que preste alento…
Chaira e sempre chaira,
deserto e sempre deserto…

Esto che tocou, coitada,
por herdanza no universo,
¡miserable fanfurriñeira!,
triste herdanza foi por certo.

En verdade non hai, Castela,
nada coma ti tan feo,
que aínda mellor que Castela
valera dicir inferno.

¿Por que aló fuches, meu ben?
¡Nunca tal houberas feito!
¡Trocar campiños floridos
por tristes campos sen rego!

¡Trocar tan claras fontiñas,
ríos tan murmuradores
por seco polbo que nunca
mollan as bágoas do ceo!

Mais, ¡ai!, de onda min te fuches
sen dó do meu sentimento,
e aló a vida che quitaron ,
aló a mortiña che deron.

Morriches, meu queridiño,
e para min non hai consolo,
que onde antes te vía, agora,
xa solo unta tomba vexo.

Triste como a mesma noite,
farto de dolor o peito,
pídolle a Deus que me mate,
porque xa vivir non quero.

Mais en tanto non me mata,
casteláns que aborrezo,
hei, para vergonza,
heivos de cantar xemendo:
¡Casteláns de Castela,
tratade ben ós galegos:
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s